Necesitamos da vosa axuda, somos unha entidade sin ánimo de lucro pero si queremos facer o Osa do Mar 2023 temos que comezar a buscar financiación debaixo das pedras. Por eso recurrimos a esta campaña de captación de fondos vendendo por adiantado a entrada, camiseta e bolso da edición do ano que ven para poder contar con uns fondos por adiantado que xa precisamos.

A data do Festival será a fin de semana do 1 e 2 de setembro en Burela (A Mariña de Lugo). Animádevos a participar e entre tod@s sacaremos adiante a oitava edición do Osa do Mar. Somos un festival pequeno que preparamos desde a Asociación Cultural Fanto Fantini, cada ano, con moita ilusión. 

Prometemos traballar nun cartel variado e de calidade como até o de agora. Pronto poderemos comezar a confirmar bandas.Intentaremos que a esencia se manteña e a fin de semana do Osa se convirta nunha romería cultural con unha explosión musical e bo ambiente. O obxectivo de esta campaña é xuntar entre todas e todos 4.000€ que se destinarán a pagar parte dos cachés das bandas que tocarán no Osa do Mar 2023.

 

SUBIR