
Moitísimas grazas a todos os patrocinadores e colaboradores que fan posible que se organice cada ano o Osa do Mar.
Por que o Osa do Mar é un evento único co que se debería colaborar?
O cóctel preparado por:
Unha imaxe moderna, orgullosa da nosa periferia, divertida, comprometida e altruista que proxecta o evento.
A marabillosa comarca e entorno no que se celebra.
O público fiel que cada ano ven ao Osa do Mar. No 2019 foron máis de 5.000 persoas que asistiron aos 26 concertos en 15 ubicacións diferentes. No 2021 tivemos que colgar o cartel de “todo vendido” pero coas limitacións entraron no recinto unhas 1500 persoas. Para este ano esperamos volver a esas 5.000 persoas do 2019.
Convírteo en un evento único e en unha oportunidade promocional atractiva para as institución, marcas e empresas. Gústanos destacar que o Osa do Mar é un festival sen ningún ánimo de lucro nin altas pretensións que cada ano se convirte en un reto para Fanto Fantini e para todas as persoas, institucións e empresas que colaboran (destacando á Deputación de Lugo e ao Concello de Burela). Un evento feito por unha Asociación Cultural de Burela que fai que todo o bo rollo co que se organiza se transmita convertíndoo nun evento con unha mística especial.