Oito edicións ás espaldas empezan a convertir ao Osa do Mar nun clásico respetado dos festivais de música alternativa. Unha especie de “Galia” que resiste os diferentes envites romanos. 

 

Botamos a vista atrás e cremos que podemos estar orgullosos do traballo feito até agora, da liña que marcamos, dos grupos e artistas que viñeron, da resposta do público e en definitiva do que se convirteu a marca Osa do Mar. 

 

O futuro podería levarnos a facer o Osa do Mar 2023 no metaverso, que actuasen hologramas e que a virtualidade nos invadise pero chamádenos antiguos, preferimos crear a un festival dos de contacto, de bailar, con artistas en directo, comer ben por Burela, tomar algo e falar e que abrazarnos moito.

 

Desde a Asociación Cultural Fanto Fantini seguimos coa mesma ilusión do principio, e poñémonos a traballar desde xa na novena edición dun Osa do Mar que está mui vivo. 

 

Para quen non nos coñeza é un festival de música que se celebra en Burela (A Mariña de Lugo) e que intenta ofrecer un cartaz orixinal e divertido mesturando diferentes estilos. Tendo en conta a liña que marcamos desde o primeiro ano son case sempre grupos emerxentes (moitos deles galegos). 

 

Polos nosos escenarios pasaron artistas agora mui coñecidos coma C Tangana, Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Joe Crepúsculo, Cápsula, Familia Camagno, Malandrómeda, Arizona Baby, Terbutalina, Cala Vento, The Bots, Rufus T. Firefly, Viva Belgrado, Loco Playa, Orquesta Metamovida, Sexy Zebras, Esteban y Manuel, Brisa Fenoy, León Benavente, Ortiga, Ángel Stanich, Carolina Durante, Toundra, Verto, Niña Polca, Delaporte, Grande Amore, Arde Bogotá, La La Love You, … e moitos máis.

SUBIR