Osa do Mar
Isto é Burela e aquí hai que vibrar!
A Asociación Cultural Fanto Fantini organiza por novena vez e coa mesma ilusión que ao principio este Festival de música (sin ánimo de lucro) na Mariña de Lugo.
Preparamos cada ano un cartaz orixinal e divertido mesturando diferentes estilos. Tendo en conta a liña que marcamos desde o primeiro ano intentamos que boa parte sexan grupos emerxentes (moitos deles galegos). Podedesver os cartaces de outros anos (na sección Deseño) para ver que polos nosos escenarios pasaron artistas agora mui coñecidos.
Botamos a vista atrás e cremos que podemos estar orgullosos do traballo feito até agora, da liña que marcamos, dos grupos e artistas que viñeron, da respostado público e en definitiva do que se convirteu a marca Osa do Mar.
Podería darnos por facer o Osa do Mar 2023 no metaverso, que actuasen hologramas e que a virtualidadenos invadise pero chamádenos antiguos, preferimos seguir co contacto, bailar, con artistas en directo, comer ben por Burela, tomar algo, falar de cousas e poder abrazarnos.